Actividade 58: Primeiras civilizacións
CIVILIZACIÓNS ANTIGAS Os primeiros testemuños escritos referentes á práctica da medicina áchanse en Mesopotamia, ao redor do ano 3000 a. C. A partir deste intre prodúcese na conca do Mediterráneo o florecemento, interacción e ocaso sucesivos de numerosas culturas, sendo esta unha época na que as ciencias e as artes alcanzaron un desenvolvemento paralelo aos logros económicos e políticos das distintas culturas. De forma paralela desenvolvéronse outras culturas en rexións moi afastadas (China, India ...). Aínda que practicamente todas as culturas realizaron achegas á ciencia médica. As civilizacións de India e China representan dúas culturas milenarias, dúas civilizacións que alcanzaron un alto nivel de desenvolvemento e unha complexa organización política, económica e social. La India: 1. Orixe: A orixe da civilización india relaciónase coa aparición da poboación do val do indo, quen habitou o sur do continente Asiático entre os anos 3300 e 1300 a. C., converténdose así, nunha das