Actividades 70, 71 e (72): A información xenética (cuarta parte)
INFORMACIÓN XENÉTICA Cuarta parte: OS XENES. 1- Con respecto ao cariotipo, cal é o sexo desa persoa? Por que? Con respecto ao cariotipo, o sexo desa persoa é masculino, xa que o par que determina o sexo ten uns cromosomas XY. 2- Observas algunha alteración no cariotipo? Busca en internet unha enfermidade relacionada cos cromosomas. Síndrome de Turner (45, X): A síndrome Turner é unha afección xenética que só afecta as persoas de xénero feminino. Afecta aproximadamente a 1 de cada 2.500 nenas. As mozas con síndrome de Turner adoitan ser máis baixas que as compañeiras da súa idade. O bo é que, se a síndrome de Turner diagnostícase cando a nena aínda está a crecer, pódese tratar con hormonas do crecemento para axudala a ser máis alta. A perda precoz da función ovárica fai que a mozas síndrome de Turner sexan estériles (non se poidan quedar embarazadas dunha forma natural). De todos os xeitos, os avances na tecnoloxía médica, como o tratamento hormonal e a fecundación in vitr