Actividades (70), 71 e 72: A información xenética (segunda parte)
INFORMACIÓN XENÉTICA
Segunda parte: O NÚCLEO E O ADN.
1- Define molécula? Que compoñentes ten unha molécula de ADN?
Unha molécula é un conxunto de átomos (dun mesmo elemento químico ou de moitos diferentes) que están organizados e interrelacionados mediante ligazóns químicas. Tamén se considera a unha molécula como a parte máis pequena dunha substancia que aínda conserva as propiedades físicas e químicas da substancia.
O ADN está formado por uns compoñentes químicos básicos denominados nucleótidos. Estes compoñentes básicos inclúen un grupo fosfato, un grupo de azucre e unha de catro tipos de bases nitrogenadas alternativas. Para formar unha hebra de ADN, os nucleótidos únense formando cadeas, alternando cos grupos de fosfato e azucre.
Os catro tipos de bases nitrogenadas atopadas nos nucleótidos son: adenina (A), timina ( T), guanina ( G) e citosina ( C). A orde, ou secuencia, destas bases determina que instrucións biolóxicas están contidas nunha hebra de ADN. Por exemplo, a secuencia ATCGTT puidese dar instrucións para ollos azuis, mentres que ATCGCT puidese indicar ollos de cor café.
No caso dos seres humanos, a colección completa de ADN, ou o xenoma humano, consta de 3 mil millóns de bases organizados en 23 pares de cromosomas, e contendo ao redor de 20,000 xenes.
2- Que é a cromatina? Por que está formada?
A cromatina é a substancia fundamental do núcleo celular das células eucarióticas composta por unha combinación de proteínas chamadas “ histonas”, co ADN e o ARN, cuxa función é darlle forma ao cromosoma para que se integre ao núcleo da célula.
A súa constitución química é simplemente filamentos de ADN en distintos graos de condensación. Estes filamentos forman nobelos. Existen tantos filamentos como cromosomas presente a célula no momento da división celular. A cromatina fórmase cando os cromosomas se descondensan tras a división celular ou mitosis. Existen diversos tipos de cromatina segundo o grao de condensación do ADN. Este ADN enrólase ao redor dunhas proteínas específicas, as histonas, formando os nucleosomas (oito proteínas histónicas mais unha fibra de ADN de 200 pares de bases). Cada nucleosoma asóciase a un tipo distinto de histona a H1 e fórmase a cromatina condensada.
3- O primeiro debuxo representa o ADN. Observa que, ademais das bases nitroxenadas hai outros compoñentes, cales? Como se emparellan as bases?
Son dúas cades con base de azucres e fosfatos. As bases xuntanse en Adenina-Tinina e Guanina-Citosina.
4- O segundo debuxo representa unha célula: que tipo de célula é? Indica as partes.
É unha célula eucariota vexetal que contén: 1. Ribosomas, 2. Cloroplasto, 3. Mitocondria, 4. Vacuolas, 5. Núcleo, 6. Nucleolo, 7. Membrana plasmática.
5- O terceiro debuxo representa unha foto dun núcleo. Baseándote no debuxo anterior indica os seus compoñentes.
O núcleo está formado por: Poros nucleares, Ribosomas, Membrana nuclear externa, Espazo perinuclear, Membrana nuclear interna, Lámina fibrosa e Nucléolo.
Comentarios
Publicar un comentario