Actividade 52: As extincións.
- Das distintas extincións que se produciron na historia da Terra indica: cando sucedeu cada unha, a que foi debida, 1 ou 2 exemplos de especies que desaparecerón e, se atopas, que porcentaxe de especies se extinguiron.
1. Extinción do Ordovícico
Cando: fai uns 445 millóns de anos
Desaparición de especies: 60-70%
Causa probable: período glaciar curto pero intenso
Neste
período, a vida achábase principalmente nos océanos. Os expertos
estiman que a formación rápida de glaciares conxelou a maior parte da
auga do planeta, provocando a caída do nivel do mar. Os organismos
mariños como as esponxas e as algas foron as principais afectadas, así
como os moluscos, cefalópodos primitivos e peces sen mandíbula chamados
ostracodermos.
Cando: fai entre 360 e 375 millóns de anos
Desaparicións de especies: ata 75%
Causa probable: esgotamento do osíxeno nos océanos
Os organismos mariños volven ser os máis afectados. A fluctuación do nivel dos océanos, o cambio do clima ou o impacto dun asteroide son considerados como posibles responsables. Unha das teorías estima que a proliferación de vexetais terrestres conduciría a unha anoxia (falta de osíxeno) nas augas de superficie. Os trilobites, artrópodos do fondo dos océanos, serían as principais vítimas.
Comentarios
Publicar un comentario